domingo, 15 de marzo de 2009

O TALLER DO CONTO (PARTE I)

Esta actividade partiu da área de lingua e literatura galega, para traballar e aprender sobre un estilo de narrativa: o conto.

O primeriro que fixemos foi elaborar cada un, un conto que mantivera a estructura do conto tradicional.

Logo leémolos na clase aos demáis compañeiros, pero tan so foron elexidos catro para ler aos compañeiros de todo o colexo. O de Iván (O Robot), o de Lucía (A balea percorre o mar), o de Nacho (Gustavo e os charcos de coca-cola) e o de Fátima (O gatiño Rin).

Esta foi a primeira parte da actividade...¡Esperade a ver a continuación!

domingo, 8 de marzo de 2009

ENTROIDO 2009

Este ano elexiuse no colexo a temática das civilizacións, e a o terceiro ciclo tocounos a civilización exipcia. Pasámolo coma ananos tanto nos ensaios coma no día do desfile. Foi estupendo, e ata tiñamos a momia de "Tutankamonbaby".

Nin que dicir teñen as probas que nos foron poñendo pola semana: que si con escurridoiros nas cabezas, que si con pixamas...todo unha festa.

domingo, 15 de febrero de 2009

A NUTRICIÓN HUMANA (I)

Unha das nosas sesións deste tema, adicámola a facer exercicios na PDI e ver esta presentación de contidos.

viernes, 13 de febrero de 2009

martes, 3 de febrero de 2009

PAZ, PAZ E QUEREMOS SEMPRE PAZ

Esta semana foi a semana adicada a paz. Fixemos xuntanzas todos os días despois do recreo para cantar todos xuntos himnos de paz. Tamén participamos nunha actividade grupal de preguntas relacionadas coa paz e rematamos a semana cun lindo festival onde pediamos PAZ E SAÚDE PARA TODOS, e onde puidemos ver os traballos feitos por todos os rapaces do cole máis os noso.


martes, 27 de enero de 2009

TRABALLO DOS ANIMAIS.

Fixemos por parellas, un traballo sobre un animal que elexiramos, poñendo as súas características máis destacadas, a súa alimentación, a súa reproducción e as zonas onde habitan, e este foi o fantástico resultado.