lunes, 6 de abril de 2009

CERTAME DE POESÍA

O certame de poesía foi todo un éxito, participaron alumnos de todos os cursos con poemas feitos por eles ou co recitado doutros xa feitos, e nós tamén puxemos o noso gran. Ao final Ricardo foi un dos premiados e Alma a encargada de poñer o colofón a un certame cargado de emoción, ilusión e moito arte, facendo un recitado fantástico dun poema.

jueves, 2 de abril de 2009

O TALLER DO CONTO (II PARTE)

Esta é a segunda parte do taller: a elaboración da presentación dos contos.Esta foi feita enteiramente por Luchy, coa finalidade de ensinarlla a todos os compañeiros do colexo á volta das vacacións de semana santa. Esperamos que pasedes un bo rato escoitando o conto.



Este outro é o que fixo Iván, que é moi distinto ao de Luchy pero igual de entretido.Animámosvos a que o leades.



O terceiro é o de Fátima, que encerra unha boa ensinanza, e coma os dos seus compañeiros tamén é moi entretido.


View more presentations or Upload your own.

miércoles, 1 de abril de 2009

EUMEOLIMPIADAS

O pasado 3 de Marzo puidemos disfrutar dunha mañá de deporte no pabellón de Pontedeume, que, como podedes ver, estivo cargada de moitas actividades ben divertidas: lanzamento de balón, circuito de velocidade, xogos de equipo...e o colofón final: UNHA CLASE DE AERÓBIC.
¡Menuda mañá máis entretida!