Con motivo da celebración o pasado domingo 17 de maio, do Día das Letras Galegas, fíxose no Olmo unha exposición e talleres da artesanía galega, onde tivemos a sorte de participar durante toda a mañá.
Estas imaxes reflexan algunhas das tarefas que desenrolamos.
martes, 19 de mayo de 2009
domingo, 10 de mayo de 2009
HIMNOS DOS MAIOS
Neste mes, e aproveitando a celebración dos maios, o terceiro ciclo xuntouse para crear o himno para o maio, e este foi:
jueves, 7 de mayo de 2009
CINE ENSINO
Na casa da cultura de Pontedeume estivemos a disfrutar do cine ensino; Carliños, O bosque animado foron dúas das pelis que vimos neste curso.
lunes, 6 de abril de 2009
CERTAME DE POESÍA
O certame de poesía foi todo un éxito, participaron alumnos de todos os cursos con poemas feitos por eles ou co recitado doutros xa feitos, e nós tamén puxemos o noso gran. Ao final Ricardo foi un dos premiados e Alma a encargada de poñer o colofón a un certame cargado de emoción, ilusión e moito arte, facendo un recitado fantástico dun poema.
jueves, 2 de abril de 2009
O TALLER DO CONTO (II PARTE)
Esta é a segunda parte do taller: a elaboración da presentación dos contos.Esta foi feita enteiramente por Luchy, coa finalidade de ensinarlla a todos os compañeiros do colexo á volta das vacacións de semana santa. Esperamos que pasedes un bo rato escoitando o conto.
Este outro é o que fixo Iván, que é moi distinto ao de Luchy pero igual de entretido.Animámosvos a que o leades.
O terceiro é o de Fátima, que encerra unha boa ensinanza, e coma os dos seus compañeiros tamén é moi entretido.
Este outro é o que fixo Iván, que é moi distinto ao de Luchy pero igual de entretido.Animámosvos a que o leades.
O terceiro é o de Fátima, que encerra unha boa ensinanza, e coma os dos seus compañeiros tamén é moi entretido.
View more presentations or Upload your own.
miércoles, 1 de abril de 2009
EUMEOLIMPIADAS
O pasado 3 de Marzo puidemos disfrutar dunha mañá de deporte no pabellón de Pontedeume, que, como podedes ver, estivo cargada de moitas actividades ben divertidas: lanzamento de balón, circuito de velocidade, xogos de equipo...e o colofón final: UNHA CLASE DE AERÓBIC.
¡Menuda mañá máis entretida!
Suscribirse a:
Entradas (Atom)

